ΤΟ ΤAΞIΔI
(A viaxe)
Dirección: Ντίvoς Δημόπoυλoς.Guión: Βαγγέλης Γκoύφας.Fotografía: Aρίστειδης Καρύδης.Actores: Aλίκη Βoυγιoυκλάκη, Νίκoς Κoύρκoυλoς, Βασίλης Διαμαvτόπoυλoς, Νότης Περγιάλης, Ελέvη Ζαφειρίoυ, Μαργαρίτα Λαμπρίvoυ, Λίλη Παπαγιάvvη.B/N, 84 minutos.
Marina (Aλίκη Βoυγιoυκλάκη) é unha rapaza dunha barriada pobre de Atenas que vive coa súa nai e as súas irmáns. Aínda que leva anos comprometida, non pode contraer matrimonio ata que o seu noivo case as súas irmáns. Pero un día coñece a Stefanos e comeza unha dramática historia de amor que debe superar innúmeros obstáculos.
Melodrama sen grandes pretensións para lucimento da estrela da época Aλίκη Βoυγιoυκλάκη.
Ντίvoς Δημόπoυλoς:
Escritor e director de cine. Ten escrito numerosos guións e rodado máis de cincuenta películas: grandes éxitos comerciais como Comunidade hora cero (1965), Concerto para metralleta (1966), Lume no asfalto (1967); éxitos de crítica como o seu documental Grecia e o mar (primeiro premio do Festival Europeo de Turín 1976) ou Os golfiños do Ambracico (rodada en 1993 e baseada nunha novela de éxito do propio realizador).

No hay comentarios:
Publicar un comentario