ΟI ΚΥΝΗΓΟI
(Os cazadores) 1977
Dirección: Θόδωρoς Aγγελόπoυλoς. Guión: Θόδωρoς Aγγελόπoυλoς, Στράτης Κάρρας. Montaxe: Γιώργoς Τριαvταφύλλoυ. Música: Λoυκιαvός Κελαηδόvης. Son: Θαvάσης Aρβαvίτης. Actores: Βαγγέλης Καζάv, Βαλάσσι, Γιώργoς Δάvης, Μαρία Χρovoπoύλoυ, Ηλίας Σταματίoυ, Aλίκη Γεωργoύλη, Νίκoς Κoύρoς, Ευα Καταμαvίδoυ, Χριστoφoρoς Νέζερ, Δημήτρης Καμβερίδης. Producción: Θόδωρoς Aγγελόπoυλoς, Νίκoς Aγγελόπoυλoς. Cor, 165 min.
O día de Ano Novo de 1976, nunha illa grega, unha partida de cazadores atopa un corpo soterrado na neve e perfectamente conservado polo frío. O seu uniforme revela claramente a súa identidade: trátase dun dos milleiros de partisanos mortos durante a guerra civil. O grupo de cazadores, todos eles pertencentes á elite do pais, decide desenterralo e comenzar unha investigación ó respecto.
A película devén unha extraordinaria alegoría acerca da persistencia do sentimento de culpabilidade na sociedade grega de posguerra: nunha acertada mestura de metáfora poética e reconstrucción histórica, cada membro da partida de caza debe dar contas, ante o improvisado féretro do partisano, da súa actuación no período previo á confrontación civil. Desfilan ante nós o coronel e a súa muller, o home de negocios, o ex-comisario de policía, o ex-partisano - hoxe en día próspero contratista, o político, a actriz de cine que colaborou cos nazis, o nobre monárquico. Ó final todos eles soñan a súa propia execución a mans dos partisanos. Nun gris amencer soterran de novo o cadáver e con el os seus sentimentos de culpabilidade.
Tal e como comenta o propio director "Os cazadores reflicte o modo no que os gregos da miña xeración entenden a historia. Trátase, en efecto, dun estudio da conciencia histórica da burguesía grega: as clases dirixentes do país teñen medo do pasado e por iso o ignoran. Esta é a premisa da que xurde Os cazadores".

No hay comentarios:
Publicar un comentario