ΡΕΜΠΕΤIΚΟ
(Rembetiko) 1983.
Dirección e guión: Κώστας Φέρρης. Fotografía: Τάκης Ζερβoυλάκoς.Montaxe: Γιάvvα Σπυρoπoύλoυ.Escenografía: Μαvώλης Μαριδάκης. Vestiario: Μαρία Μαvιάτη. Son: Μιχάλης Avδριτσάκης.Música: Σταύρoς Ξαρχάκoς. Producción: Ελληvικό Κέvτρo Κιvηματoγράφoυ.Actores: Θέμις Μπαζάκα, Σωτηρία Λεovάρδoυ, Νίκoς Καλoγερόπoυλoς, Νίκoς Δημητράτoς. Cor.
A película narra a historia dunha gran intérprete de rembético dende o seu nacemento en Esmirna en 1955 ata a súa morte en Atenas no 1971.
Κώστας Φέρρης:
Nace no Cairo en 1935, de orixe grega, chipriota e libanesa. Reside en Grecia dende 1957 e traballa coma asistente de directores gregos ata que no ano 1961 comeza a rodar os seus propios filmes. Convértese entón (xunto con Angelopoulos) nun dos "líderes intelectuais" do cine grego. Logo do seu exilio en París durante a Dictadura establécese definitivamente en Grecia.
Rembetiko é un excelente drama musical dirixido a todo tipo de público. Baséase nunha historia real, a dunha famosa cantante de rembetiko, e obtivo cinco galardóns no Festival de Cine de Tesalónica, incluído un premio ex aequo á mellor película. Foi seleccionada para representar a Grecia no Festival de Cine de Berlín no ano 1984.
Ferris conseguiu trasladar con éxito á pantalla a historia desta célebre cantante nun dos períodos máis turbulentos da historia de Grecia, recreando con acerto e autenticidade toda unha época.
As interpretacións no seu conxunto son moi convincentes, especialmente a de Sotiria Leonardou, que da vida ó papel da protagonista coa súa variada e compexa gama de fluctuacións emocionais. Todo unha revelación que obtivo merecidamente o premio á mellor actriz do festival. Hai que salientar igualmente as interpretacións de Themida Bazaka e Niko Kalogerópoulo que alcanzaron, respectivamente, os galanos de mellor actriz e actor secundarios. O resto dos intérpretes secundanos dignamente.
A fotografía de Taki Zerboulakou é un prodixio de equilibrio, e logra facer do escenario unha parte máis da trama sen acapara-la historia.
Impresionan de maneira especial pola súa autenticidade a música e as letras de Stavrou Xarjakou, que obtivo tamén o respectivo premio.
As restantes facetas técnicas están ben resoltas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario