Son las :

O Destripador

Ο ΔΡΑΚΟΣ
(O destripador )1956

Dirección: Νίκoς Κoύvδoυρoς.Guión: Iάκωβoς Καμπαvέλλης. Fotografía: Κώστας Θεoδωρίδης.Escenografía: Τάσoς Ζωγράφoς. Montaxe: Γιώργoς Τσαoύλης.Música: Μάvoς Χατζιδάκης. Producción: Aθηvαική Κιvηματoγραφική Εταιρεία.Actores: Μαργαρίτα Παπαγεωργίoυ, Ντίvoς Ηλιόπoυλoς, Γιάvvης Aργύρης, Θαvάσης Βέγγoς, Avέστης Βλάχoς, Μαρίκα Λεκάκη, Θόδωρoς Avδριακόπoυλoς, Φρίξoς Νάσoυ.B/N 105 min.

Un anónimo empregado público garda certo parecido físico cun buscado asasino. Acosado pola lei e recoñecido polo mundo do crime como un auténtico destripador, o protagonista acaba por asumi-lo papel que lle atribúen. En realidade non é senón un home corrente abafado polo caos dunha monstruosa Atenas que non lle ofrece a oportunidade de desenvolve-la súa personalidade e que acaba por converterse para el nunha verdadeira trampa. No enrarecido ambiente nocturno do cabaré onde se traslada a acción, a ficción confúndese coa realidade.
O mundo que rodea ó heroe adquire matices kafkianos que reflicten o clima da Grecia logo da confrontación civil, pero tamén o soño inocente dun home vulgar que, a causa dun terrible erro, logra alcanzar inmensa popularidade e mesmo o afecto que non tiña. A película evidencia influencias dun expresionismo salferido pola ironia, e destila un aire tráxico e, o tempo satírico.

Nikos Koundouros:
Nikos naceu en Agios Nikolaos (Creta) en 1926. Cursou estudios de pintura e escultura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Atenas. Inaugura a súa carreira coma director con A cidade máxica en 1954, na que o neorrealismo adquire uns matices de fantasía e conságrase con O destripador en 1956, obra complexa e vangardista. É autor asemade de Os ilegais (1958) O rio (1960), As pequenas Afroditas (1963), O rostro da Medusa ( 1966), Bortex ( 1971) o documental Os cánticos de lume (1974) acerca da época da dictadura.

No hay comentarios: