Son las :

Ifixenia


IΦIΓΕΝIA
(Ifixenia) 1977


Dirección e guión: Μιχάλης Κακoγιάvvης. Fotografía: Γιώργoς Aρβαvίτης.Montaxe: Μιχάλης Κακoγιάvvης, Τάκης Γιαvvόπoυλoς .Música:Μίκης Θεoδωράκης.Vestiario: Διόvυσoς Φωτόπυλoς.Son: Μίμης Κασσιμάτης. Producción: Ελληvικό Κέvτρo Κιvηματoγράφoυ.Actores: Ειρήvη Παππά (Clitemnestra), Τατιάvα Παπαμόσχoυ (Ifixenia), Κώστας Καζάκoς (Agamenón), Κώστας Καρράς (Menelao), Χρίστoς Τσάγκoς (Ulises), Πάvoς Μιχαλόπoυλoς (Aquiles), Δημήτρης Aρώvης (Calcante). Cor, 125 minutos


Por terceira vez (despois de Electra e As Troianas) Kakogiannis recorre ó máis "realista" dos tráxicos gregos, Eurípides. O guión modifica notablemente os diálogos orixinais - Ifixenia en Aulide acaba sendo simplemente Ifixenia - pero mantén a súa forza. Sublíñase especialmente o conflicto humano provocado pola ambición política e a vinganza, o amor materno - magnífica a interpretación de Irene Papas- e a inocencia da víctima- a novel Papamosjou-, en tanto a ameazante sombra do destino pecha toda posible saída.
Rodada en escenarios naturais, xunto o mar, a película é unha nova mostra da consabida mestría do director.

Μιχάλης Κακoγιάvvης :
Naceu en Ammojosto (Chipre) en 1922. Cursou estudios de Dereito e Arte Dramático en Londres. Tras debutar como actor e director no teatro británico, estableceuse en Atenas en 1953 e dedicou a súa vida ó cine. Ten rodado as películas Espertar dominical (1954), Estela (1955), A rapaza de negro (1956) A derradeira mentira (1958), que o converteron no primeiro director grego recoñecido internacionalmente. A continuación filmou Heroica (1960), The Wastrel (1961) e unha Electra (1962) baseada no orixinal de Eurípides. No 1964 roda Alexis Zorbas, que consegue tres Oscar e alcanza un gran éxito internacional. Seguiron as películas O día no que os peixes atoparon a terra firme (1967) e Ifixenia (1976), o documental Atila 1974 sobre a ocupación turca de Chipre, Doce patria (1986) e a comedia Arriba, Abaixo e de Lado (1992). O seu derradeiro filme é O xardín das guindas (1999).

No hay comentarios: