Son las :

A fotografía

Η ΦΩΤΟΓΡAΦIA
(A fotografía) 1986

Dirección e guión: Νίκoς Παπατάκης.Fotografía: ´Aρης Στάυρoυ. Montaxe: Delphine Desfons. Escenografía: Νίκoς Μελετόπoυλoς.Música: Χριστόδoυλoς Χάλαρης. Vestiario: Νίκoς Μελετόπoυλoς. Producción: Ελληvικό Κέvτρo Κιvηματoγράφoυ. Actores:Áρης Ρέτσoς,Χρήστoς Τσάvγας, Ζωζώ Ζάρπα, Χρήστoς Βαλαβαvίδης, Δέσπovα Τoμαζάvη. Cor, 110 minutos.

No ano 1971 Ilias Apostolou, un xove peleteiro que pasa por momentos difíciles por causa da represión do réxime da Dictadura, fuxe da súa Castoriá natal. Leva no peto, coma toda equipaxe, unha fotografía que atopou na rúa. Instálase en París, na casa do seu achegado Gerásimos Tziva que, residente en Francia dende 1950, axúdalle a atopar traballo. Un malentendido con respecto á fotografía constitúe o punto de partida dunha serie de acontecementos que rematan nun dramático final.

Unha película de gran dureza baseada nunha historia real. Moi correcta tecnicamente e cuns caracteres moi convincentes. Excepcionais as interpretacións de Áρης Ρέτσoς e Χρήστoς Τσάvγας.

Νίκoς Παπατάκης
Grego da diáspora nacido en Adis.-Abeba (Etiopía). Vive e traballa entre Atenas e París, cidade esta na que promoveu o prestixioso club nocturno de carácter artístico "A rosa vermella". A súa filmografía inclúe cintas francesas como Os abismos (1962), que causa conmoción nunha época na que a violencia na pantalla obedece a unha estricta codificación, Gloria Mundi (1975), que aborda de xeito polémico o asunto da tortura, e Os equilibristas (1992), e gregas coma Os pastores (1970) e A fotografía (1986).

No hay comentarios: